Wednesday 03 de July de 2024

O Concello substituirá a totalidade das varandas en mal estado da AC-862 de Xubia e O Poulo


Reservará máis de 55.000 euros do POS+ 2024 para renovar estas barreiras de protección

O Concello incluirá no Plan de Obras e Servizos (POS+ 2024 Básico) a reposición da totalidade das barreiras de protección peonil existentes na zona de Xubia. A medida, unha demanda permanente da veciñanza, busca optimizar a seguridade dos viandantes e, ao tempo, contribuír á mellora da imaxe desta contorna urbana.

Segundo o avanzado no pleno de outubro, a administración local dará unha solución conxunta á zona, substituíndo a totalidade das varandas que se atopan en mal estado. Así, actuarase tanto na Avenida de Xubia como na AC- 862, na zonas do Portazgo e do Poulo.

En concreto, se cambiarán 110 metros de varandillas que, na actualidade, debido fundamentalmente ao paso do tempo e á oxidación, atópanse en moi mal estado, non cumprindo a finalidade para a que se instalaron. De feito, días atrás caía un tramo de varios metros.

O Concello reserva no marco do POS+ unha partida de 55.425 euros para proceder á retirada e substitución destas barreiras, instaladas no seu día para protexer do desnivel existente entre a estrada e as vivendas que, nalgún caso, se atopan moi por debaixo da cota da vía.

Polo tanto estes elementos son claves para a protección dos peóns, eliminando o risco de caídas, ou impedindo o acceso á calzada en puntos perigosos como a o do semáforo de Xubia, é dicir, a conexión da AC-862 e a AC-115.